martes, 23 de diciembre de 2014

domingo, 21 de diciembre de 2014

Tes madeira de emprendedor?

Déixovos máis abaixo a ligazón a un interesante artigo da revista Emprendedores que a través de 20 preguntas e respostas agrupadas en cinco apartados che axudará a descubrir se tes madeira de emprendedor.

Apartados:

- Que che impulsa a emprender?
- Un proxecto debaixo do brazo
- Temes o fracaso?
- Podes convencer a calquera?
- Coñecementos básicos para poñerte a punto.

Cales son os teus resultados? Compárteos!


jueves, 4 de diciembre de 2014

Datas dos exames da 1ª avaliación

Lembrade as datas dos exames do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras:

- 4º ESO A: martes 9 de decembro.

- 4º ESO B: mércores 10 de decembro.

Moita sorte a todos!


sábado, 8 de noviembre de 2014

Nesta terra, soñar é obrigatorio

Onte estreouse a nova campaña de Gadis de #vivamoscomogalegos.

Nesta ocasión a firma galega invítanos a soñar e, baixo o lema “soñemos como galegos”, busca motivar ao público para que cumpra os seus sonos e se para iso hai que volver a nacer… nácese!

Unha vez máis e tal e como xa vén sendo habitual nos últimos anos, Gadis consegue tocar a fibra dos seus clientes a través de anuncios emotivos que resaltan as cousas boas da nosa terra e da nosa xente. Mensaxes optimistas que axudan a valorar o que temos.


Que vos parecen estas acciones de comunicación por parte das empresas? 


sábado, 18 de octubre de 2014

O espírito emprendedor

Como xa explicamos na clase a persoa emprendedora non é só a que crea unha empresa. Ter espírito emprendedor é posuír unha actitude ante a vida que pode ser de utilidade non só nas actividades profesionais, senón tamén na vida cotiá.

Ao rematar a primeira unidade, na aula visualizamos a película “The Pursuit of Happyness”

- Consideras que o protagonista ten unha actitude emprendedora? 

- Que características propias dun emprendedor recoñeces na súa persoa?



sábado, 20 de septiembre de 2014

Aprendemos a emprender

Benvidos á materia de Iniciativas Emprendedoras. Ao longo do curso realizaremos diferentes actividades que permitirán que os alumnos desenvolvan a súa creatividade, a iniciativa persoal e o espírito emprendedor. Con isto pretendemos preparar os alumnos para o exercicio de actividades profesionais e para a participación activa no seu ámbito socioeconómico.

Ademais, buscarase potenciar as ideas propias dos estudantes realizando un proxecto final, no que coa axuda da profesora, os alumnos senten as bases dos que poderían ser os seus futuros negocios.

3,2,1 comezamos!