sábado, 24 de octubre de 2015

Exercicio práctico: a personalidade emprendedora

Durante as últimas sesións visionamos na clase fragmentos da película "En Busca de la Felicidad" e relacionámola co primeiro tema do curso no que reflexionamos sobre a persoa emprendedora.

Agora propóñovos un exercicio práctico, respondede á seguinte pregunta: Por que consideramos que o personaxe principal posúe calidades típicas do emprendedor?  Xustificade a vosa resposta con exemplos.

viernes, 2 de octubre de 2015

"Atopade o que amades"

Esta semana na clase de Iniciativas Emprendedoras analizamos o discurso de gradación que Steve Jobs impartiu no ano 2005 na Universidade de Stanford. Non vos perdades o vídeo, xa que en tan só quince minutos dános unha lección sobre a vida e a morte. A través dun discurso emotivo, que fala ao corazón dos seus receptores, Jobs incítanos a ser curiosos e a perseguir os nosos obxectivos, a reinventarnos, a ser constantes no que perseguimos e a atopar aquilo que amamos.

Xa sabedes a conclusión... "Stay hungry, stay foolish".



viernes, 18 de septiembre de 2015

Bo comezo de curso!

Ola a tod@s! 

Un curso máis este blogue serviranos para colgar material relacionado coas clases de Iniciativas Emprendedoras. 

Espero que veñades coas pilas cargadas dispostos a desenvolver a vosa creatividade, a vosa iniciativa persoal e o voso espírito emprendedor.

Con esforzo e "sorte" conseguiredes sacar adiante todo o que vos propoñades. Pero, que é a sorte? 

Reflexionade...  



viernes, 15 de mayo de 2015

Cinco erros que os bos emprendedores converten en acertos

Achégase o final de curso e con el a hora de presentar o Proxecto de Empresa para a súa avaliación final.

A estas alturas xa saberás que empresa queres poñer en marcha. Medo a que a túa idea de negocio fracase? Este artigo, despois de analizar os erros máis comúns que se producen ao poñer en marcha un negocio, ofréceche unha serie de consellos.

domingo, 3 de mayo de 2015

viernes, 17 de abril de 2015

O networking

O networking consiste en desenvolver e ciudar unha rede de contactos para que tanto nós coma o noso negocio crezamos.

Este vídeo axudarache a comprender mellor este concepto xa estudado na aula.


lunes, 9 de marzo de 2015

Datas exames segunda avaliación

Datas dos exames de Iniciativas Emprendedoras desta avaliación:

- 4º ESO A: martes 17 de marzo.
- 4º ESO B: mércores 18 de marzo.

Moita sorte a todos!

viernes, 27 de febrero de 2015

O crac da bolsa de Nova York en 1929

Bota unha ollada aos seguintes xornais da época e relaciona as dúas materias (Historia e Iniciativas Emprendedoras).

Segundo o estudado en clase, poderías explicar a crise da bolsa de Nova York de 1929? Cales son as causas? Por que se produciu o xoves negro?







viernes, 6 de febrero de 2015

Controis febreiro 2015

Datas dos controis da segunda avaliación:

- 4º ESO A martes 10 de febreiro 2015.
- 4º ESO B mércoress 11 de febreiro 2015.

martes, 27 de enero de 2015

Vídeo motivacional

Sóavos o comezo deste vídeo motivacional?

O único xeito de facer un gran traballo é amar o que fas. Se non o encontraches aínda, segue buscando!